Quibdó

cidade e concello do departamento de Chocó, Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia

Quibdómap
Remove ads

Quibdó é un municipio colombiano, capital do departamento do Chocó e unha das poboacións máis importantes na Rexión do Pacífico Colombiano.

Datos rápidos Localización, Capital de ...

A cidade atópase nunha das rexións máis biodiversas de Colombia, preto de grandes reservas ecolóxicas como o parque nacional natural emberá. Tamén é unha das rexións con maior número de reservas indíxenas.

Quibdó atópase sobre a marxe dereita do río Atrato, un dos principais afluentes do país e unha das zonas con máis alta pluviosidade do mundo. Atópase a unha altitude de 43 m s. n. m. e ten unha temperatura cuxo media é de 28 °C. Dista de Bogotá 718 km.

A cidade de Quibdó constitúe o único centro departamental localizado entre a cordilleira e o litoral. Polas súas características, é o punto medio de enlace natural que existe entre os dous litorais colombianos, a través dos ríos Atrato e San Juan.

As relacións de centralidade converxen sobre a zona do istmo San Pablo, especificamente entre Quibdó e Istmina, e explícanse polas relacións de comunicación fluvial que existe entre os dous grandes ríos: Atrato e San Juan.

Remove ads

Toponimia

O nome Quibdó provén da súa posición á fronte da desembocadura do río Quito e "", termo da lingua chamí que quere dicir río.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads