Quibla

From Wikipedia, the free encyclopedia

Quibla
Remove ads

En árabe, a quibla[1][2][3] ou o alquibla[4][5] (a partir do árabe قبلة, al- qibla) designa de xeito xenérico unha dirección. Dende o punto de vista relixioso, indicaría a dirección precisa á que se teñen que orientar os fieis para realizar un acto concreto.

Thumb
A parede da quibla, co mihrab e un minbar, na mesquita de Aqsunqur, O Cairo.

Na relixión islámica, é a orientación cara á Meca, precisa para realizar o precepto da oración e outros actos rituais (como a orientación das tumbas). En concreto, apúntase á Kaaba,[6] sita na mesquita de al-Haram ou mesquita sagrada. Tense discutido sobre cal é o lugar especial da Kaaba, o punto exacto onde, en realidade, todo o mundo islámico se orienta, sen chegar a unha conclusión definitiva.

Esta práctica significa que tódalas mesquitas do mundo (agás a Mesquita de Córdoba e as influídas por esta) estean orientadas cara á Meca. Dentro de cada mesquita, a dirección exacta vén indicada polo mihrab, que está situado no muro da quibla.

Remove ads

Historia da quibla islámica

Inicialmente, Mahoma ordenara que, para o rezo, se adoptara a mesma dirección que os xudeus, en dirección a Xerusalén (esta orientación é coñecida coma quibla al-qadima القبلة القديمة = a antiga quibla), pero como durante a Héxira, os xudeus se negaran a aceptalo como profeta, decidiu cambiar a orientación pola da Kaaba na Meca. Na sura II, no versículo 144 do Corán indícase "Faremos que te vires cara unha dirección que te satisfaga. Vira o teu rostro cara á Mesquita Sagrada. Onde queira que esteas, vira o teu rostro cara a ela...".

Remove ads

Cálculo da quibla no islam

Thumb
Quibla.

A determinación da quibla realízase, hoxe en día, mediante unha serie de táboas. Na antigüidade, existían diversos astrónomos árabes especializados no trazado da quibla nos cuadrantes, como Abū Ḥanīfa Dīnawarī (de Dinawar 895), que escribiu un libro sobre o tema. No obstante, existen outros autores monográficos como Ahmed el-Leit coñecido como Rahib al-Qibla, é dicir, o mestre da quibla, procedente de Córdoba, en 907.

Determinación exacta

Sendo as coordenadas xeográficas do lugar de rezo φ1, λ1 e sendo as coordenadas da Kaaba φ2, λ2, a seguinte expresión trigonométrica calcula o acimut da quibla desde o lugar de rezo até a Kaaba:


As coordenadas da Meca aplicables a esta fórmula son latitude φ2 = 21,4225° N, e lonxitude λ2 = 39,8261° E. Nalgúns casos, o resultado entregado pola fórmula será un ángulo complementario ou outro suplementario e non o valor real.

Remove ads

A quibla na relixión bahaí

A quibla dos bahaíes é santuario de Bahá'u'lláh na cidade de Acre (Israel), onde se atopa o sepulcro do fundador da súa relixión.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads