Quicksand
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Quicksand é unha banda estadounidense de post-hardcore fundada en Nova York en 1990. O seu EP de estrea, Quicksand, foi seguido por dous álbums a través de grandes discográficas, Slip e Manic Compression. O son do grupo foi comparado ao de bandas de post-hardcore/metal alternativo como Fugazi e Helmet. Quicksand promocionou as súas edicións con extensas xiras pero quedou lonxe das expectativas de éxito das súas discográficas. Eses factores e estrés interno levaron a que a banda se separase en 1995 e finalmente se disolvese en 1999 tras unha infrutuosa reunión de ano e medio. En xuño de 2012 Quicksand reuniuse para unha única actuación e dende entón realizou concertos adicionais.
Remove ads
Discografía
- Slip - 1993 (Polydor Records)
- Manic Compression - 1995 (Island Records)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads