Ría

estuario formado polo afundimento parcial dun val costeiro de río From Wikipedia, the free encyclopedia

Ría

A ría é unha entrada de costa, ou grande estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río.[1] As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno.[2] Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia ao ateigamento, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.

Thumb
A vila de Rianxo na ría de Arousa
Thumb
A cidade de Marín na ría de Pontevedra
Thumb
Ría de Muros
Thumb
Ría de Ferrol

Rías

En España son coñecidas as Rías Baixas e as Rías Altas en Galicia, aínda que tamén se podee atopar este tipo de desembocaduras en Asturias, Cantabria, País Vasco e Huelva. En Portugal están tanto a ría de Aveiro como a ría Formosa (Algarve).

Nas costas galegas e cantábricas, de sur a norte e de oeste a leste, están as seguintes rías:

Galicia

Artigo principal: rías de Galicia.

Rías Baixas

Rías Altas

Segundo o tempo de aparición xeolóxico das rías, as rías por riba de Cabo Fisterra pódense clasificar como rías Altas e Medias. O termo de rías Medias xorde para definir as rías que están entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares e que apareceron posteriormente ás rías Baixas e antes que as cantábricas[9].

Do resto do Mar Cantábrico

Rías na Bretaña

  • Rias (chamadas aber en bretón e en francés) en Finistère :
    • Aber-Wrac'h (Aber Ac'h en bretón)
    • Aber-Benoît (Aber Benniged en bretón)
    • Aber-Ildut (Aber Iltud en bretón)
  • Ribeira do Trieux, en Côtes-d'Armor
  • Val do río Rance, en Ille-et-Vilaine

Rías en Portugal

Rías nas Illas Británicas

Gales

  • Milford Haven, en Pembrokeshire.

Irlanda

  • Lough Swilly, situada na punta norte na rexión da península de Inishowen.

Inglaterra

A costa sur do país ten numerosas rías (rias):

  • Portsmouth Harbour
  • Langstone Harbour,
  • Chichester Harbour,
  • Pagham Harbour,
  • Southampton Water,
  • Poole Harbour

Os esteiros do Exe, Teign e Dart, o Esteiro de Kingsbridge, e Plymouth Sound en Devon, e os esteiros do río Fowey e do río Fal en Cornualla.

Outras

  • Ría de Huelva
  • O litoral atlántico norteamericano, entre Nova York e o cabo Hatteras tamén contén unha serie de rías.
  • As Bocas de Kotor (Boka Kotorska), en Kotor, no Montenegro. Estas penetran uns 30 km no interior continental, ben protexidas do mar aberto, e constitúen o meirande porto natural do mar Adriático.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.