Río Prípiat

From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Prípiatmap
Remove ads

O río Prípiat, tamén transcrito ás veces como Prypiat ou Pripyat (en belaruso: Прыпяць, IPA [ˈprɨpʲatsʲ]; en ucraíno: Прип’ять, IPA [ˈprɪpjɑtʲ] é un dos principais afluentes do río Dniéper, o máis importante por conca, que nace en Ucraína e pouco despois entra en Belarús, onde discorre en dirección leste, volvendo a entrar en Ucraína pouco antes de desembocar no Dniéper. Ten unha lonxitude de 710 km e unha conca hidrográfica de 121.000 km².

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Thumb
O río Prípiat ao seu paso por Mazir, Belarús

As principais cidades que atravesa son Pinsk e Mazir. Tamén cruza a zona de exclusión establecida ao redor da central nuclear de Chernóbil, o lugar onde se produciu o accidente de Chernóbil. É, polo tanto, un río contaminado con radioisótopos no que a concentración de cesio-137 nos seus sedimentos segue incrementándose. A cidade de Prípiat, cunha poboación de 45.000 habitantes, tivo que ser evacuada completamente despois do desastre de Chernóbil e é hoxe unha cidade fantasma.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads