Río Sena

río francés que pasa por Troyes, París e Ruán From Wikipedia, the free encyclopedia

Río Sena
Remove ads

O Sena (en francés Seine, pronunciado [sɛn]) é un río francés que pasa por Troyes, París e Ruán. O Sena ten unha lonxitude de 780 km. O seu nacemento sitúase a 447 metros de altitude, en Source Seine[1] sobre a meseta de Langres, en Côte-d'Or. O seu curso ten unha orientación xeral de sueste a noroeste. Desemboca no canal da Mancha, preto de Le Havre. A superficie da bacía é de aproximadamente 75.000 km².

Datos rápidos Tipo, Inicio ...
Thumb
O Sena atravesando París visto desde a Ponte do Arcebispado, coa Catedral de Nôtre Dame á dereita e a Torre Eiffel ao fondo.
Costa dos dous Amantes, Normandía.
Thumb
Estuario do Sena en Normandía, beira dereita.

A débil inclinación do val do Sena, en Illa de Francia e en Normandía, causou a formación de gran cantidade de meandros profundos; pola mesma razón, os efectos da marea fanse sentir sobre un cento de quilómetros ata Poses e manifestábanse ata un pasado recente no fenómeno do "macareu".

O Sena é unha vía navegábel moi importante, de París ao Canal da Mancha. Atópanse nel dous dos máis importantes portos fluviais de Francia: París (porto de Gennevilliers) e Ruán, que é igualmente un importante porto marítimo, o que permite o transbordamento (Primeiro Porto cerealeiro de Europa). É navegábel de París ata Nogent-sur-Seine. Outros portos fluviais notábeis son Limay-Porcheville e Montereau.

Numerosas industrias están situadas ao longo do val do Sena: automoción (Poissi, Flins, Cléon, Sandouville), petroquímica (Port-Jerôme, Gonfreville-l'Orcher, Notre-Dame-de-Gravenchon, Petit-Couronne), centrais térmicas (Porcheville, Saint-Ouen), central nuclear (Nogent-sur-Seine).

O lago artificial de Forêt d'Orient, en Troyes, foi creado nos anos 1960 para regular o caudal do río.

Curiosidade: as fontes do Sena é propiedade da cidade de París dende 1864. Unha cova artificial foi construída un ano despois, para controlar a fonte principal, e tamén unha estatua dunha ninfa, que simboliza o río. Porén, a capital desinteresouse despois, e a parcela debeu volver á rexión de Borgoña, desexosa de revalorizar o sitio.

Thumb
Imaxe de satélite do río Sena nos arredores de París.
Remove ads

Principais afluentes

Os principais afluentes do Sena son, desde a súa fonte:

  • Aube (D) - 248 km
  • Yonna (E) - 293 km
  • Loing (E) - 166 km
  • Essonne (E) - 90 km
  • Marne (D) - 525 km
  • Oise (D) - 302 km
  • Epte (D) - 100 km
  • Andela (D) - 54 km
  • Eure (E) - 225 km
  • Risle (E) - 140 km. No esteiro do Sena

NB: D=Dereita E=Esquerda

Departamentos atravesados

Indo da fonte ata a súa desembocadura.

Na rexión de Borgoña:

Na rexion de Champaña Ardenas:

Na rexión da Illa de Francia:

Na rexión da Alta Normandía:

Na rexión da Baixa Normandía:

Principais cidades atrevesadas

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads