RCD Espanyol (baloncesto)

From Wikipedia, the free encyclopedia

RCD Espanyol (baloncesto)
Remove ads

A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi un equipo profesional español con sede na cidade de Barcelona, Cataluña. Durante a segunda metade da década de 1980 xogou na Liga ACB, até que en 1991 se fusionou co CB Granollers. O seu maior éxito foi a consecuión da Copa do Rei en 1941 ao vencer na final por 35−20 ao Hospitalet.[1]

Datos rápidos Información xeral, Fundación ...
Remove ads

Historia

A sección de baloncesto do RCD Espanyol foi fundada en 1923 e extinguida en 1989. En 1923, por tanto, o club converteuse nun dos primeiros clubs deportivos de Cataluña con equipo de baloncesto. En 1923 participou no primeiro Torneo Rexional. Cómpre destacar que o primeiro punto anotado no devandito campionato logrouno o xogador do Espanyol Bagués ao anotar un tiro libre. Desde 1924 a 1927 o club non participou en ningún torneo oficial, até que o fixo na temporada 1927−28 no Campionato de Segunda Categoría, proclamándose campión desta e ascendendo á Primeira División. Na temporada 1928−29 quedou en quinto posto da clasificación e na 1929−30 terceiro.

Nas temporadas 1930−31 e 1931−32 a sección proclamouse Campión de Cataluña. Nas tempadas 1932−33 e 1933−34, porén, foi subcampión deste mesmo torneo. Na temporada 1940-41 participou nos Campionatos Nacionais que se disputaron en Madrid, proclamándose Campión de España ao derrotar na final a outro club catalán, o CB L'Hospitalet. Na temporada 1941−42, o equipo quedou en sétimo lugar porque moitos dos seus mellores xogadores pasaron a outros clubs. Este feito fixo que durante as seguintes tempadas as actuacións dos branquiazuis non fosen todo o boas que deles cabía esperar e acabou descendendo á Segunda Categoría. Permaneceu na Segunda Categoría desde o 1946 até o 1950, cando se gañaron 25 dos 26 partidos xogados e logrou o ascenso á Primeira Categoría. No palmarés do Espanyol de baloncesto figuran pois, dous Campionatos de Cataluña en 1930−31 e 1931−32 e un Campionato de España en 1940−41.

O Espanyol regresaría á elite na década de 1980, sendo estes os mellores anos da sección. Militou cinco tempadas na Liga ACB, e contou con xogadores como Mike Phillips, Ferran Martínez, Albert Illa, Jordi Freixanet, Toni Tramullas, Manel Bosch, Óscar Cervantes, Pepe Collins ou Santi Abad. Nesa época o equipo disputaba os seus partidos no Palau Municipal d'Esports de Barcelona (do catalán: Palacio Municipal dos Deportes de Barcelona). O equipo chegou a disputar a Copa Korać na temporada 1986−87, mais descendeu na temporada 1988−89, o que acabou precipitando a súa desaparición. Cómpre destacar que 1988 a sección foi comprada pola empresa Unipublic, desvinculándose definitivament do club. Finalmente, esta fusionase co Granollers antes de desparecer definitivamente.

Remove ads

Patrocinios

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa estancia na Liga ACB:

  • Español (1984−1985)
  • Español Júver (1985−1986)
  • Gin MG Sarriá (1986−1987)
  • Grupo IFA RCD Español (1987−1988)
  • Grupo IFA Español (1988−1989)

Xogadores

Destacados

Historial

Máis información Ano, Nivel ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads