República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica

From Wikipedia, the free encyclopedia

República Socialista Soviética Federativa Transcaucásicamap
Remove ads

A Repúbica Socialista Soviética Federativa Transcaucásica (Закавказская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, ЗСФСР) foi unha curta república soviética (19221936), constituída por Xeorxia, Armenia, e Azerbaidján, que foron coñecidas tradicionalmente como as Repúblicas Transcaucásicas na Unión Soviética. A capital da república foi Tbilisi.

Datos rápidos Localización, Capital ...

As raíces da república veñen da disolución do Imperio Ruso en 1917, durante a revolución rusa, cando as provincias do Cáucaso se separaron e tentaron formar o seu propio estado federal chamado a Federación Transcaucásica. Os diferentes intereses nacionais e a guerra con Turquía levaron á disolución da república medio ano despois, en abril de 1918.

Nos seguintes anos, os tres territorios atravesaron guerras civís con moita intervención do Exército Vermello, e convertéronse en Repúblicas Soviéticas. En decembro de 1922, todo o territorio foi reunificado nunha soa república. En 1936, a república foi disolta e os tres países convertéronse na RSS de Xeorxia, a RSS de Armenia e a RSS de Azerbaidján.

Remove ads

Xefes de estado

Máis información Presidentes do Consello da Unión, Data ...
Máis información Presidentes do Comité Executivo Central, Período ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads