Rafael Correa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rafael Correa
Remove ads

Rafael Vicente Correa Delgado, nado en Guayaquil o 6 de abril de 1963, é un economista e político esquerdista ecuatoriano. Foi o presidente da República de Ecuador dende o 15 de xaneiro de 2007 até o 24 de maio de 2017.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia de clase media no centro de Guayaquil. O seu pai foi Rafael Correa Icaza e a súa nai é Norma Delgado Rendón. Está casado con Anne Malherbe Gosseline, profesora de nacionalidade belga nada en 1969, á que coñeceu en 1990 na Universidade Católica de Lovaina e é nai dos seus tres fillos: Sofía, Anne Dominique e Rafael Miguel.

Rafael Correa é un político de ideoloxía de esquerda bolivariana, na liña do denominado Socialismo do século XXI que aplican os seus homólogos o venezolano Hugo Chávez e o boliviano Evo Morales. Defínese a si mesmo como humanista cristián de esquerda.[Cómpre referencia]

O Goberno de Correa afirma que recoñeceu aos grupos indíxenas que non queren manter contacto co mundo desenvolvido e estabeleceu unha política de Estado para os pobos en illamento voluntario.

Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads