Ballico
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ballico[1] (Lolium perenne), coñecido tamén co termo inglés galeguizado raigrás[2] (do inglés: ryegrass, literalmente "herba centeo"), é unha gramínea perenne de importancia na creación de céspedes e na produción de forraxes en lugares de clima temperado e subtropical.


Remove ads
Descrición
Talos de até 90 cm, coas follas, de cor verde escura e brillante, son enteiras ou bilobadas, con limbo de até 18 cm de lonxitude; estriadas e con nervio central marcado. A inflorescencia está composta por espigas sésiles alternadas a esquerda e dereita dun eixo central. As espículas están dispostas xuntas, con 3 - 10 flores cuxa pálea é tan longa como a lema. Como na maior parte das gramíneas, a reprodución pode ser por sementetes ou por mouteiras.
Remove ads
Distribución e hábitat
De distribución circumboreal. É orixinaria de Europa e norte de África. É a gramínea pratense sementada máis utilizada na Península Ibérica. Foi introducida en América do Sur, Australia e Nova Zelandia. É un hemicriptófito que habita céspedes, xardíns e pastos húmidos e antropizados. Dáse en zonas temperadas. Os seus rendementos oscilan en torno a 10-12 t/ha no primeiro ano, e 8-10 t/ha en anos seguintes tendo unhas condicións favorábeis.
Remove ads
Importancia económica e aproveitamento forraxeiro
Ten o potencial de producir gran cantidade de biomasa de boa calidade e apetecíbel para o gado, mais necesita solos con niveis altos de fertilidade e é sensíbel á seca e ao exceso de auga.
Ten grande importancia como especie forraxeira nas pradeiras de Nova Zelandia que se destinan á alimentación de vacas leiteiras xa que é unha pradeira de longa duración. Úsase tamén en campos de golf, xardíns e campos de fútbol. É relevante en certas zonas de Gran Bretaña, Estados Unidos, Arxentina, Chile e España, incluíndo Galiza.
Téñense desenvolvido centos de cultivares para adaptalos a diferentes zonas de produción. A maioría dos cultivares neozelandeses conteñen coma hóspede ao fungo endófito Neotyphodium lolii, que non causa dano á planta, mais produce alcaloides que poden afectar ao gado e tamén ao insecto Listronotus bonariensis, considerado unha praga da cultura.
Pode producir hematuria (presenza de sangue nos ouriños) no gado por exceso de proteína e alongamento do intervalo entre paristallos.
Ten unha elevada produtividade, precocidade e calidade nutritiva. Se se sementa no outono o primeiro aproveitamento se produce antes de que remate o ano. En áreas de inverno suave, a mediados de marzo pode realizarse a seguinte seitura. Produción estival practicamente nula. Está xeralmente asociada co trevo branco (Trifolium repens L.)
Taxonomía
Lolium perenne foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 83. 1753. [3][4][5]
Lolium : nome xenérico dado por Virxilio a unha maleza problemática.[6]
perenne: epíteto latino que significa "perenne".[7]
- Variedades
- Lolium perenne f. longiglume (Grantzow) Junge
- Lolium perenne f. orgyiale (Döll) Junge
- Lolium perenne f. paleaceum (Döll) Holmb.
- Lolium perenne f. ramosum (Schumach.) Holmb.
- Lolium perenne f. viviparum (Gray) Holmb.
- Lolium brasilianum Nees
- Lolium canadense Bernh. ex Rouville
- Lolium latum Roth ex Steud.
- Lolium marschallii Steven
- Lolium montevidense Rouville
- Lolium multiflorum Lam.
- Lolium tenue L.[3]
- Festuca perennis (L.) Columbus & J.P.Sm.
- Hordeum compressum Boiss. & Orph.
- Lolium aechicum Rouville
- Lolium agreste Roem. & Schult.
- Lolium cechicum Opiz
- Lolium compressum Boiss. & Orph. ex Nyman
- Lolium cristatum Pers. ex B.D.Jacks.
- Lolium felix Rouville
- Lolium glumosum Planellas
- Lolium gmelinii Honck.
- Lolium halleri C.C.Gmel.
- Lolium jechelianum Opiz
- Lolium pseudoitalicum Schur
- Lolium repens Honck.
- Lolium rigidum var. compressum (Boiss.) Boiss.
- Lolium rosetlanum Fig. & Delile ex Rouville
- Lolium strictum var. compressum Boiss.
- Lolium trabutii Hochr.
- Lolium vulgare Host[8][9]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads