Ramón Robles Pazos

militar galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Ramón Robles Pazos, nado en Santiago de Compostela en 1899 e finado en Madrid o 27 de marzo de 1968, foi un militar galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Ingresou na Academia Infantaría de Toledo en 1916. Participou na campañas de Marrocos, ascendeu a capitán por méritos de guerra e foi profesor na Academia de Infantaría. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de permiso en Madrid coa súa muller e fillos. Foi apresado e grazas á influencia do seu irmán José Robles Pazos que traballaba para o goberno leal, facilitáronlle un permiso especial e foi absolto no xuízo. Mentres, estivo refuxiado na Embaixada de Chile e traballaba como quintacolumnista. Ao finalizar a guerra participou na División Azul como tenente coronel. En outubro de 1961 foi nomeado tenente xeneral. Foi Gobernador Militar de Sevilla e do Campo de Xibraltar, estivo ao mando da VII Rexión Militar e en novembro de 1962 foi nomeado capitán xeneral da IX Rexión. Finou en Madrid o 27 de marzo de 1968.[1]

Remove ads

Vida persoal

Casou con Adelaida Segura Guijarro.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads