Ramon Llull
escritor, filósofo e teólogo medieval mallorquín From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ramon Llull (en latín Raimundus ou Raymundus Lullus), nado en Palma en 1235 e finado en 1315, foi un escritor, teólogo e filósofo mallorquín. Considérase o primeiro grande escritor en catalán, ademais tamén escribiu en árabe e latín.
Remove ads
Traxectoria
Nado en Mallorca, pouco despois da súa conquista, no seo dunha familia nobre, aos 31 anos deixa a súa familia e posición para se dedicar ao estudo e á predicación, obsesionándose coa conversión dos musulmáns e xudeus ao cristianismo, aínda que sempre polo convencemento, nunca pola violencia. Con esta finalidade, Llull, vai aprender o árabe e viaxar por Oriente. Escribe máis de 400 obras e vai ser o primeiro en escribir libros filosóficos e teolóxicos nunha lingua vulgar, o catalán.
Remove ads
Obras
- Llibre d'amic e amat
- Arbre de filosofia d'amor
- Llibre de les bèsties (forma parte de Blanquerna)
- Llibre dels mil proverbis
- Fèlix, o, Llibre de les meravelles
- Blanquerna
- Ars magna
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramon Llull ![]() |
Ligazóns externas
- Páxina dedicada a Ramon Llull en Lletra, espai virtual de literatura catalá (en catalán)
- Cronoloxía da vida de Ramon Llull
- Vídeo "Ramon Llull"Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Dur. 100' (en castelán)
- Base de Dades Ramon Llull - Llull DB, Centre de Documentació Ramon Llull, Universitat de Barcelona Arquivado 24 de setembro de 2010 en Wayback Machine.
- Obras seleccionadas de Llull dixitalizadas na Biblioteca Virtual Joan Lluís Vives (en catalán)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads