Bugallón

especie botánica From Wikipedia, the free encyclopedia

Bugallón
Remove ads

O bugallón[1] ou flámula[1] (Ranunculus flammula) é unha especie da familia das ranunculáceas.

Thumb
Ilustración
Thumb
Vista da planta
Máis información Clasificación científica ...
Remove ads

Descrición

Erecta ou rastreira, perenne, bastante carnosa, de 10–50 cm, con follas ovadas e amplas, lanceoladas, e unha ou varias flores amarelas de 7–20 mm de diámetro. 5 sépalos, amarelo averdados; 5 pétalos obovados, amarelo brillante pálido. A maioría das follas de arriba sen pecíolos, as de abaixo pecioladas, todas enteiras ou dentadas. Florea na primavera e no verán.[2]

Hábitat

Brañas, prados moi húmidos, lameiros, turbeiras.

Distribución

Toda Europa, agás Turquía e Albania.

Taxonomía

Ranunculus flammula foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 548. 1753.[3]

Citoloxía

Números cromosomáticos de Ranunculus flammula (Fam. Ranunculaceae) e taxons infraespecificos: n=16[4][5]

Etimoloxía

Ranunculus: nome xenérico que provén do latín serodio que significa "ranciña", de "ra" e un diminutivo final. Isto probabelmente refírese a moitas especies que se atopan preto da auga, como as ras.

flammula: epíteto latino que significa "flámula", "pequena lapa".[6]

Variedades
  • Ranunculus flammula var. flammula
  • Ranunculus flammula var. ovalis (J.M.Bigelow) L.D.Benson
  • Ranunculus flammula subsp. scoticus (E.S.Marshall) Clapham
Sinonimia
  • Flammula ranunculus Fourr.
var. flammula
  • Ranunculus flammula var. angustifolius Wallr.
var. ovalis (J.M. Bigelow) L.D. Benson
  • Ranunculus filiformis var. ovalis J.M. Bigelow
  • Ranunculus flammula var. samolifolius (Greene) L.D. Benson
  • Ranunculus reptans var. ovalis (J.M. Bigelow) Torr. & A. Gray
  • Ranunculus reptans var. samolifolius (Greene) L.D. Benson
  • Ranunculus samolifolius Greene
subsp. scoticus (E.S.Marshall) Clapham
  • Ranunculus scoticus E.S.Marshall[7]
Remove ads

Nome común

  • Bugallón, flámula, centella, herba do pobre, herba dos esmoleiros, herba dos *humeros, lanzoa, lenzoá[8].

O nome bugallón pode referirse ás especies de ranúnculos: Ranunculus acris e Ranunculus repens.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads