Ray Milland

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ray Milland
Remove ads

Alfred Reginald Jones, coñecido como Ray Milland, nado en Neath (Gales) o 3 de xaneiro de 1907 e finado en Torrance (California) o 10 de marzo de 1986 foi un actor británico.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Comezou no cinema como extra a finais da década de 1920. Alcanzou o éxito con The Flying Scotsman, que o levou a ser contratado pola Metro-Goldwyn-Mayer, motivo polo cal marchou a Hollywood en 1930. Tras dous anos de pequenos papeis decidiu volver ao Reino Unido, mentres a súa esposa continuaba en América rematando os estudos.

No seu país só traballou en dous filmes, polo que volveu a California. Preocupado por conseguir un traballo fixo foi xerente dunha gasolineira. Volveu ao cinema cando un actor inglés do filme de George Raft Bolero tivo que ser substituído urxentemente e el foi o escollido.

A partir de 1936 comezou a ter papeis protagonistas, conseguindo o seu maior éxito en 1945 con A fin de semana perdida, de Billy Wilder, coa que gañou o Oscar ao mellor actor.

Tras finalizar o contrato que tiña coa Paramount en 1955 comezou unha carreira como director, tendo grande éxito na televisión.

Remove ads

Filmografía

Máis información Ano, Filme ...
Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads