Rebeca Quintáns

xornalista, escritora de investigación e profesora galega From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Rebeca Quintáns López, nada en Arzúa en 1964, é unha xornalista, escritora de investigación e profesora galega.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Rebeca Quintáns é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid cunha tese sobre a análise do discurso de Xoán Carlos I.[2]

O seu primeiro libro, Un Rey golpe a golpe, publicouse na editorial Ardi Beltza baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo por motivos de seguridade.[3] Foi unha continuación da investigación realizada na súa tese doutoral, que en palabras da autora: "había tanto contraste entre a verdade da figura de Juan Carlos e a imaxe creada nos medios de comunicación durante a Transición que eu estaba a desexar contar todo iso".[2]

Como xornalista escribiu en diversos medios tanto convencionais (Interviú, Tiempo, El Semanal ou El Correo Gallego entre outros) como alternativos (Ardi Beltzav, Kale Gorria, El Otro País, No a la Guerra ou Diagonal). Tamén é profesora de Ensino Secundario e traballou como profesora asociada para a Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid.[4]

En 2016 publicou Juan Carlos I: la biografía sin silencios, unha ampliación actualizada da traxectoria do rei emérito na que repasa diferentes aspectos da súa vida non tratados polos medios convencionais.[5][6]

Remove ads

Libros

  • Un Rey golpe a golpe. Biografía no autorizada de Juan Carlos de Borbón (2000). Baixo o pseudónimo de Patricia Sverlo.[7]
  • Gran Hermano: el precio de la dignidad (2000). Xunto a Andrés Sánchez Díaz.[8]
  • Juan Carlos I: la biografía sin silencios (2016).[9]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads