VSIG4
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A VSIG4 ou proteína que contén dominios de inmunoglobulina e V-set 4, tamén chamada receptor do complemento da superfamilia das inmunoglobulinas (CRIg),[1] é unha proteína que nos humanos está codificada no xene VSIG4 do cromosoma X.[2] Exprésase nas células de Kupffer, un tipo de macrófagos.[3]
Remove ads
Estrutura
O xene VISG4 contén 8 exóns. A proteína transmembrana codificada deducida ten 399 aminoácidos, contén un péptido sinal, un dominio similar a inmunoglobulina de tipo V, un dominio de inmunoglobulina de tipo C2, varios posibles sitios de O-glicosilación e un dominio intracelular con dous posibles sitios de fosforilación.[1]
Función
O xene VISG4 codifica unha proteína que contén dominios de inmunoglobulina e V-set que está estruturalmente relacionada coa familia B7 de proteínas regulatorias inmunitarias. A proteína codificada pode ser un regulador negativo das respostas de células T. Esta proteína é tamén un receptor para os fragmentos do compoñente do complemento 3 C3b e iC3b. É un receptor esencial para a fagocitose de partículas opsonizadas no sangue.[3] Por medio de empalme alternativo orixínanse múltiples transcritos variantes.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads