Reconstrución 3D
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En visión por ordenador e gráficos por ordenador, a reconstrución 3D é o proceso de capturar a forma e a aparencia de obxectos reais. Este proceso pódese realizar por métodos activos ou pasivos.[1] Se se permite que o modelo cambie a súa forma no tempo, isto denomínase reconstrución non ríxida ou espazo-temporal (tamén reconstrución 4D).[2]

Remove ads
Motivación e aplicacións
A investigación da reconstrución 3D sempre foi un obxectivo difícil. Usando a reconstrución 3D pódese determinar o perfil 3D de calquera obxecto, así como coñecer a coordenada 3D de calquera punto do perfil. A reconstrución 3D de obxectos é un problema xeralmente científico e unha tecnoloxía básica dunha gran variedade de campos, como o deseño xeométrico asistido por ordenador (CAGD), gráficos por ordenador, animación por ordenador, visión por ordenador, imaxe médica, ciencia computacional, realidade virtual e medios dixitais etc. [3] Por exemplo, a información da lesión dos pacientes pódese presentar en 3D no ordenador, o que ofrece un enfoque novo e preciso no diagnóstico e, polo tanto, ten un valor clínico vital.[4] Os modelos dixitais de elevación (Digital elevation models) pódense reconstruír usando métodos como a altimetría láser aerotransportada [5] ou o radar de apertura sintética.[6]
Aplicacións:
A reconstrución 3D ten aplicacións en moitos campos. Inclúen:
- Enxeñaría de pavimentos [7]
- Medicina [8]
- Reconstrución de vídeo con punto de vista libre [9]
- Cartografía robótica [10]
- Urbanismo [11]
- Reconstrución tomográfica [12]
- Xogos [13]
- Contornas virtuais e turismo virtual [13]
- Observación da Terra
- Arqueoloxía [14]
- Realidade Aumentada [15]
- Enxeñaría inversa [16]
- Captura de movemento [17]
- Recoñecemento de obxectos 3D,[18] recoñecemento de xestos e seguimento de mans.[19]
A maioría dos algoritmos dispoñibles para a reconstrución 3D son extremadamente lentos e non se poden usar en tempo real. Aínda que os algoritmos presentados aínda están a comezar o seu desenvolvemento, pero teñen o potencial para un cálculo rápido.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads