Red Riding
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Red Riding é unha serie de televisión británica, adaptación das novelas de David Peace Red Riding Quartet. Publicadas entre 1999 e 2002, o cuarteto de novelas son Nineteen Seventy-Four (1999), Nineteen Seventy-Seven (2000), Nineteen Eighty (2001) e Nineteen Eighty-Three (2002). Como pano de fondo dos asasinatos en serie, inclúese na trama o caso do Yorkshire Ripper, e das múltiples capas da corrupción policial. Contan con varios personaxes recorrentes nos catro libros.
Remove ads
1974
Primeira parte da miniserie británica estreada o 5 de marzo do 2009. Protagonizada por Sean Bean e Andrew Garfield. A trama está focalizada nunha serie de asasinatos sen resolver de nenas pequenas. Está ambientada no ano do título. A historia segue a Eddie Dunford (Andrew Garfield), un xove xornalista do Yorkshire Post que tenta atopar información sobre os casos das nenas mortas.
1980
Segunda parte da miniserie británica estreada o 12 de marzo do 2009. O tema deste episodio é a investigación dos asasinatos do Yorkshire Ripper. Protagonizada por Paddy Considine como Peter Hunter, un oficial de policía contratado para avaliar a investigación dos asasinatos do Destripador. O resto do elenco son David Morrissey como Maurice Jobson, Jim Carter como Harold Angus e Maxine Peake como Helen Marshall.
Remove ads
1983
Terceira e última parte da miniserie británica estreada o 19 de marzo de 2009. Este episodio describe unha especie de redención dos tres personaxes principais. Deste xeito, ponse de manifesto e implica a tódolos puntos da trama oculta importantes nos últimos dous episodios, e é por esta razón que os flashbacks son moito máis frecuentes aquí que na segunda parte. Tamén bota luz sobre a figura do reverendo Martin Laws de Fitzwilliam (Peter Mullan), que aparecera durante toda a serie. Os acontecementos desta parte comenzan coa desaparición da cuarta nena.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads