Rei Artur: A lenda de Excálibur
filme de 2017 dirixido por Guy Ritchie From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rei Artur: A lenda de Excálibur (en inglés: King Arthur: Legend of the Sword) é un filme de 2017 de aventuras e fantasía escrito e dirixido por Guy Ritchie. Foi coescrito por Ritchie, Joby Harold e Lionel Wigram, e está inspirado polas lendas artúricas. Está protagonizado por Charlie Hunnam no papel da personaxe principal e Jude Law como o tiránico rei Vortigern que tenta matalo, xunto con Àstrid Bergès-Frisbey, Djimon Hounsou, Aidan Gillen e Eric Bana nos papeis secundarios.[1]
King Arthur estreouse no TCL Chinese Theater o 8 de maio de 2017 e nos cinemas dos Estados Unidos o 12 de maio de 2017, e nos do Reino Unido o 19 de maio de 2017. O filme recadou 148 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento de 175 millóns, coa crítica "avisando ás audiencias de manterse lonxe".[2] Orixinalmente, o filme ía ser o primeiro dunha franquía de seis filmes, mais as secuelas foron canceladas despois da mala acollida na recadación e a perda de Warner Bros. e Village Roadshow Pictures de máis de 150 millóns de dólares.[3][4]
Estreouse en galego o 15 de xuño de 2020 a través da TVG.[5] Foi traducido por Manuel Arca Castro.
Remove ads
Personaxes
- Charlie Hunnam como Rei Artur
- Àstrid Bergès-Frisbey como a Maga
- Djimon Hounsou como Sir Bedivere
- Aidan Gillen como Goosefat Bill Wilson
- Mikael Persbrandt como Greybeard
- Jude Law como Vortigern
- Eric Bana como Uther Pendragon
- Annabelle Wallis como Maggie
- Kingsley Ben-Adir como Sir Tristan "Wet Stick"
- Neil Maskell como Back Lack
- Freddie Fox como Rubio
- Katie McGrath como Elsa
- Lorraine Bruce, Eline Powell e Hermione Corfield como as tres sereas
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads