República Federal Alemá (1949–1990)

From Wikipedia, the free encyclopedia

República Federal Alemá (1949–1990)map
Remove ads

A República Federal de Alemaña (abreviado RFA; en alemán: Bundesrepublik Deutschland, abreviado BRD), Alemaña Occidental ou Alemaña do Oeste, foi un estado de Europa entre 1949 e 1990, cando se produciu a reunificación desta coa República Democrática Alemá.

Datos rápidos Himno, Lema ...

Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e EUA, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarrestar a influencia soviética na Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955 e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, e recoñeceu tamén a Alemaña do Leste.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, acelerouse a unificación das dúas Alemañas, que formalmente constituíu unha anexión da RDA por parte da República Federal de Alemaña. A unificación tivo lugar o 3 de outubro de 1990, e a retirada das forzas de ocupación, o 15 de marzo de 1991.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads