República dos Calmucos
República federal de Rusia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A República dos Calmucos[1] (en ruso: Респу́блика Калмы́кия Respublika Kalmykiya; en calmuco, Hal'mg Tanghch) é unha república federal de Rusia. Segundo o censo de 2023, a súa poboación é de 264.200.[2]
É a única rexión de Europa onde o budismo é a relixión maioritaria.[3][4] É coñecida por ser o centro internacional do xadrez xa que o seu antigo Presidente, Kirsan Ilyumzhinov, é o xefe da "Federación Internacional de Xadrez" (FIDE).
Remove ads
Xeografía
A república está situada no sur de Rusia, ao norte do Cáucaso. O río Volga pasa polo leste da rexión. Outros ríos importantes son o Yegorlyk, o Kuma e mais o Manych. O lago máis grande é o Manych-Gudilo, aínda que tamén destacan o Sarpa e o Tsagan-Khak. O cume máis alto é o Shared, situado nos outeiros de Yergeni, con 221 metros de altura.[5][6] Trátase dunha área semidesértica.[2]
Entre os seus recursos naturais, atópanse o carbón, o gas natural e o petróleo.[2][7]
Clima
A temperatura media en xaneiro é de −2.7 °C, e a de xullo é duns 26.5 °C.[2] A precipitación anual media vai dos 170 mililitros no leste da república aos 400 no oeste.
Destaca a pequena vila de Utta, o lugar máis cálido de Rusia. No 12 de xullo do 2010, durante unha vaga de calor, bateuse o récord de temperatura máxima observada no país, 45.4 °C.[8]
Fauna
A república conta cos saiga, un tipo de antílope que habita a rexión protexida da Reserva Natural das Terras Negras (ruso: Chórniye zemli Черные Земли).[9][10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads