Richard Harlan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Richard Harlan, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 19 de setembro de 1796 e finado en Nova Orleáns (Luisiana) o 30 de setembro de 1843, foi un médico, naturalista, zoólogo, botánico, físico e paleontólogo estadounidense.
Remove ads
Traxectoria
Graduise en medicina na Universidade de Pensilvania. Sendo aínda estudante, foi membro da Academia de Ciencias Naturais de Filadelfia, a primeira sociedade científica de Historia natural dos Estados Unidos.
Ao acabar o seu doutoramento, en 1818, foi médico de a bordo e viaxou á India durante un ano.
En 1821 foi nomeado profesor de anatomía comparada no Museo de Filadelfia.
Obras
- Fauna Americana, 1825
- Genera of North American Reptilia, & a Synopsis of the Species. Dous vols., 1826-1827 (Foi o primeiro catálogo da fauna herpetolóxica de América do Norte).
- American Herpetology, 1827
Abreviaturas
A abreviatura Harlan emprégase para indicar a Richard Harlan como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
A abreviatura Harlan emprégase para indicar a Richard Harlan como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Richard Harlan |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads