Richard Nixon

presidente dos Estados Unidos de América de 1968 a 1974 From Wikipedia, the free encyclopedia

Richard Nixon
Remove ads

Richard Milhous Nixon, nado en Yorba Linda (California) o 9 de xaneiro de 1913 e finado en Nova York o 22 de abril de 1994, foi presidente dos Estados Unidos de 1968 a 1974, e vicepresidente de 1953 a 1961.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Thumb
Richard Nixon no anverso dun dólar presidencial de 2016.

Nixon naceu nunha familia pobre de cuáqueros en Yorba Linda, no sur de California. Graduouse en 1934 no Whittier College cun título de licenciado en artes e en 1937 obtivo o título de doutor en Dereito na Universidade de Duke. Exerceu a avogacía en California e, en 1942, mudouse con súa muller Pat a Washington, D.C. para traballar para o goberno federal.

Membro do Partido Republicano, representou a California en ambas as cámaras do Congreso dos Estados Unidos antes de servir como 36º vicepresidente baixo a presidencia de Dwight D. Eisenhower entre 1953 e 1961.

Foi elixido presidente en 1968 e gañou a reelección en 1972. Durante a súa presidencia reduciuse a implicación dos Estados Unidos na guerra do Vietnam, impulsouse a distensión coa Unión Soviética e con China (que en 1964 se declarara potencia nuclear), produciuse a aluaxe do Apolo 11 e creáronse a Axencia de Protección Ambiental e a Administración de Seguridade e Saúde Ocupacional.

O segundo mandato de Nixon rematou antes de tempo, ao converterse no único presidente estadounidense en dimitir do cargo, como consecuencia do escándalo Watergate. A dimisión consumouse o 8 de agosto de 1974, aparecendo por televisión dicíndolles aos americanos a famosa frase: "Non son ningún delincuente".

Predecesor:
Lyndon B. Johnson
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19691974
Sucesor:
Gerald Ford

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads