Robert Mulligan

From Wikipedia, the free encyclopedia

Robert Mulligan
Remove ads

Robert Mulligan, nado en Nova York o 23 de agosto de 1925 e finado en Lyme (Connecticut) o 20 de decembro de 2008 foi un director de cinema e televisión estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Mulligan estudou na Universidade de Fordham antes de servir como marine durante a segunda guerra mundial. Ao rematar a guerra conseguiu traballo no departamento editorial de The New York Times, mais deixouno para facer unha carreira na televisión.

Empregado pola CBS, comezou como mensaxeiro, aprendendo o oficio, e en 1948 xa dirixía programas importantes.

Debutou no cinema en 1957 con Fear Strikes Out, con Anthony Perkins. A principios da década de 1960 o seu colaborador Alan J. Pakula propúxolle dirixir To Kill a Mockingbird (1962), baseado na novela de Harper Lee.

En 1971 logrou un grande éxito comercial con Verán do 42, mais a partir da década de 1980 resultoulle máis complicado atopar traballo. O seu último filme foi Verán en Louisiana (1991), protagonizado pola debutante Reese Witherspoon.

Remove ads

Filmografía

  • Fear Strikes Out (1957)
  • The Rat Race (1960)
  • Cando chegue setembro (1961)
  • The Great Impostor (1961)
  • To Kill a Mockingbird (1962)
  • The Spiral Road (1962)
  • Love with the Proper Stranger (1963)
  • A intimidade de Margarida Clover (1965)
  • Baby the Rain Must Fall (1965)
  • Up the Down Staircase (1967)
  • A noite dos xigantes (1969)
  • Verán do 42 (1971)
  • Á procura da felicidade (1971)
  • The Other (1972)
  • The Nickel Ride (1974)
  • Bloodbrothers (1978)
  • Same Time, Next Year (1978)
  • Kiss Me Goodbye (1982)
  • Clara's Heart (1988)
  • Verán en Louisiana (1991)
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads