Roger Bacon

filósofo inglés From Wikipedia, the free encyclopedia

Roger Bacon
Remove ads

Roger Bacon, tamén coñecido como Doctor Mirabilis, nado en Ilchester contra o 1214 e finado en Oxford en 1294, foi un filósofo inglés, un dos máis coñecidos franciscanos do seu tempo e un dos máis antigos avogados do moderno método científico. Tamén foi un dos primeiros europeos en ensinar a Aristóteles grazas á influencia árabe.

Remove ads

Traxectoria

Estudou en Oxford e trasladouse a París en 1236. De novo en Oxford (1251), escribiu Speculum astronomiae (no que corrixiu o sistema astronómico de Tolomeo), e unha Metafísica, malia iso en 1257, foille prohibido ensinar e volveu a París. Reformou o calendario xuliano en 1263.

A instancias do seu protector (Clemente IV), comezou os Communia naturalium (un compendio da ciencia da súa época), que deixou para escribir Opus maius (1267-1268), obra que enviou ao Papa xunto coa anterior e outras dúas (Opus minus e Opus tertium), escribiu tamén un Compendium studii philosophiae. Bacon sempre defendeu que a autoridade relixiosa non debía ser seguida acriticamente.

En 1277 o xeneral dos franciscanos atopou sospeitosas as súas obras (sobre todo polos ataques a Santo Alberte Magno e a San Tomé). Condenadas as súas teses, estivo na cadea ata 1292.

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads