Roland Garros

From Wikipedia, the free encyclopedia

Roland Garros
Remove ads

Roland Garros, nado en Saint-Denis, Reunión, o 6 de outubro de 1888 e finado en Ardenas o 5 de outubro de 1918, foi un piloto francés, pioneiro da aviación.

Este artigo trata sobre o aviador, para o artigo sobre o aberto de tenis véxase Torneo de Roland Garros.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

O 23 de setembro de 1913 logrou efectuar a primeira travesía a través do mar Mediterráneo a bordo dun Morane-Saulnier. Tardou 5 horas e 53 minutos, malia que o motor sufriu unha avaría en Córsega. Quedábanlle 5 litros de gasolina cando aterrou en Bizerte. Durante a primeira guerra mundial foi piloto militar aéreo, conseguindo cinco vitorias.

Creou un sistema para disparar as metralladoras a través da hélice do avión, aínda que non implicaba sincronismo: simplemente as pas da hélice recubríanse cunha placa metálica que as blindaba. Derribado polos alemáns, foi apresado sen poder destruír o seu avión. O seu sistema foi axiña estudado e mellorado por Anthony Fokker, que decidiu sincronizar o disparo das metralladoras co paso das pas da hélice.

Morte e recoñecementos

Thumb
Estatua en Barachois.

Logrou fuxir, volvendo ó seu lugar na fronte. Pero nun combate aéreo o 5 de outubro de 1918 foi derribado nas Ardenas, preto de Vouziers. Membro do Stade Français e xogador afeccionado de tenis, tivo a honra póstumo de dar nome ó estadio parisiense e ó torneo de tenis que se celebra cada ano en París.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads