Román Navarro
pintor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Román Navarro García Vinuesa, nado na Coruña o 28 de febreiro de 1854 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1928, foi un pintor e militar galego.
Remove ads
Traxectoria
Estudou na Escola de Artes da Coruña, converténdose en profesor axudante en 1885. Foi redactor e ilustrador de El Domingo e El Día de Fiesta. En 1894 foi a Italia cunha bolsa da Deputación. Viaxou por Europa.
De volta a España obtivo a cátedra de Debuxo da Escola de Artes de Barcelona, que un ano despois permutou con José Ruiz Blasco (pai de Pablo Ruiz Picasso) pola da Escola de Artes da Coruña, que chegaría a dirixir.
No exército, no que solicitou o retiro arredor de 1916, acadou o emprego de tenente coronel de cabalería.
Remove ads
Obra
Posúen obras de Román Navarro, varias institucións galegas:
- A Deputación Provincial da Coruña, nove óleos.[1]
- O Museo de Belas Artes da Coruña, catro óleos, unha plumiña, unha acuarela e unha litografía.
- A Colección Afundación, dous óleos e un debuxo.
- A Fundación María José Jove, unha obra: Batalla de Tetuán.[2]
Galería de imaxes
- Baño de Cabalos, 1871-1920, Museo de Belas Artes da Coruña.
- Neno con traxe escocés, 1878-1928, ídem.
- Dalle pan ó neno (detalle), 1884, Colección Novacaixagalicia.
- Retrato do Cardeal Payá, 1885, Deputación da Coruña.
- Lanceiros da Raíña, 1900-1925, Museo de Belas Artes da Coruña.
- A Leiteira, 1923,
Colección Novacaixagalicia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads