Rosario Álvarez Blanco
filóloga galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952,[1] é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela).[2] É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega,[3] converténdose na primeira muller en presidilo.[4]
Remove ads
Traxectoria
Licenciouse en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica-Español) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa memoria Notas lingüísticas e etnográficas de Ramirás (1974).[5] Tras doutorarse en 1980 coa tese O pronome persoal en galego,[6] desenvolveu o seu labor docente ata 1982 no Departamento de Filoloxía Románica da USC, para logo continuar no Departamento de Filoloxía Galega, onde acadou en 1998 a condición de catedrática de Universidade da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Entre os cargos académicos que ocupou están a vicerreitoría de Profesorado (1990-1994), a dirección do Departamento de Filoloxía Galega (1995-1999), e a dirección do Instituto da Lingua Galega (2005-2015).[7]
O 8 de setembro de 2001 foi proposta como membro numerario da RAG, onde ingresou o 6 de xuño de 2003 cun discurso titulado Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar,[8] contestado por Antón Santamarina. Pertence ao Instituto da Lingua Galega desde 1974 e dirixiuno entre os anos 2005-2013.[9]
Estivo á fronte do Seminario de Gramática da RAG en 2003 e foi tamén tesoureira desta institución a partir de 2013.[10] [7]
É directora do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués e codirectora de Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna e dirixe a revista Estudos de Lingüística Galega.
Foi vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (2010-2018) e é presidenta do Consello da Cultura Galega desde 2018.[4][11].
En xaneiro de 2020 recibiu o Premio Cidade de Pontevedra no apartado de persoa física.[12]
En novembro de 2021 recibiu o Premio Otero Pedrayo con Menchu Lamas.[13]
Remove ads
Obras
A investigación de Rosario Álvarez segue tres liñas fundamentais:[14]
- O estudo da gramática descritiva da lingua galega, cunha perspectiva sincrónica mais con atención á historia da lingua galega e á gramática contrastiva portugués-galego.
- O cambio lingüístico, tanto no galego actual coma no antigo e medio.
- A edición e estudo de textos do galego medio e do galego da etapa previa ó Rexurdimento.
En 1986 publicou Gramática galega (ed. Galaxia)[15] xunto con Henrique Monteagudo e Xosé Luís Regueira, obra pola que acadaron o Premio Antón Losada Diéguez. En 2002 publicou Gramática da lingua galega (ed. Galaxia) canda a Xosé Xove.
Foi membro do equipo do Atlas Lingüístico Galego dende os inicios.[16]
En 2014 participou na coordinación de Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada.[17]
Ten publicados diversos libros de texto de lingua e literatura galegas para secundaria.[18]
O seu labor investigador é moi prolífico e ten publicado comunicacións en numerosos congresos e revistas, como Verba. Anuario Galego de Filoloxía, Madrygal, Cadernos de Lingua, Boletín da Real Academia Galega e Estudos de Lingüística Galega, entre outros.[19][20][21][22][23][24][25][26]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads