Rubén López Durán
futbolista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Rubén López Durán, nado en Lamela (Silleda) o 26 de agosto de 2004, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña.
Traxectoria
Nacido na parroquia silledense de Lamela, herdou a afección ao fútbol de seu pai Manuel, que xogara nas categorías inferiores do Lalín ata que as lesións o afastaron do primeiro equipo.[1] Comezou a súa formación futbolística na Escola de Fútbol Lalín, na que tamén xogaba o seu irmán maior, Andrés. En 2018, despois de tres anos no equipo do Deza, pasou ao equipo cadete do Compostela, seguindo a seu irmán, que viña de fichar polo xuvenil do club santiagués. Alí tivo como adestrador a Iván Carril, que o atrasou da posición máis ofensiva que ocupaba en Lalín a un posto de pivote defensivo. Xogou 28 partidos coa camiseta branca e azul, 25 deles como titular, conseguindo o ascenso á Liga Galega, e chamou a atención do Deportivo da Coruña, que o fichou ao remate da tempada.
Iniciou o seu periplo no Deportivo no equipo cadete, pasando ao ano seguinte ao Xuvenil B da Liga Nacional e en 2021 ao Xuvenil A da División de Honra, e foi titular no histórico partido do seu equipo na Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv celebrado nun estadio de Riazor con máis de 20.000 espectadores.[2] Na tempada 2022/23 compaxinou o xuvenil co Fabril, co que logrou o ascenso a Segunda División RFEF tras proclamarse campión do Grupo I da Terceira RFEF.[3]
O 5 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Deportivo na Primeira Federación, na derrota por 0-3 ante o Real Unión no Stadium Gal de Irún, substituíndo nos minutos finais a José Ángel. O 28 de xaneiro seguinte marcou en Balaídos fronte ao Celta Fortuna o seu primeiro gol coa camiseta do Deportivo, facendo o segundo dos dous goles do seu equipo, que venceu por 1-2.[4] Participou na maioría de partidos da segunda volta, xogando habitualmente de interior xunto a Diego Villares, aínda que tamén xogou de mediapunta e máis preto da banda, e proclamouse co equipo campión da categoría, conseguindo así o ascenso a Segunda.[5]
Para a tempada 2024/25 saíu cedido ao Barcelona Atlètic, tamén da Primeira Federación.[6] Cunha presenza bastante constante nos esquemas dos adestradores, chegou a xogar en ocasións de lateral esquerdo e marcou dous goles contra a Gimnástica Segoviana e o Bilbao Athletic.[7] Con todo, non puido evitar o descenso do filial á Segunda Federación.
Remove ads
Palmarés
- Fabril
- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas
- Inclúe partidos de final de campións da Primeira Federación.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads