Rudolf Diesel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Rudolf Diesel
Remove ads

Rudolf Christian Karl Diesel, nado en París o 18 de marzo de 1858 e finado na Canle da Mancha o 30 de setembro de 1913, foi un enxeñeiro alemán, inventor do motor de combustión de alto rendemento que leva o seu nome, o motor diésel. Motor aplicábel á locomoción, presentado na feira internacional de París como o primeiro motor que usa aceite mineral como combustible e posteriormente chamado "motor de combustión", posteriormente tomaría o nome do seu inventor.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Fillo de inmigrantes bávaros, naceu en París. En 1870 a familia tivo que abandonar Francia ao estalar a guerra franco-prusiana, e Rudolf foi enviado a Augsburgo.

Discípulo do inventor da neveira Carl von Linde a partir de 1875 en Múnic. Regresou a París como representante da empresa de máquinas frigoríficas do seu mestre.

Entre 1893 e 1897 construíu en MAN (pertencente ao grupo Krupp) o primeiro motor do mundo que queimaba aceite vexetal (aceite de palma) en condicións de traballo.

O Instituto de Enxeñeiros Mecánicos concedeulle a Orde do Mérito polas súas investigacións e desenvolvementos sobre os motores con aceite de cacahuete, posteriormente usaron petróleo por ser máis barato.

Considerábase a si mesmo como un filósofo social, aínda que o seu libro Solidarity, onde describe a súa visión da empresa, só vendeu 200 exemplares.

Morte

Suponse que morreu o 29 / 30 de setembro de 1913 e (suponse que) afogado, pois desapareceu do buque que cubría o traxecto de Anveres a Harwich no que viaxaba. Un par de días despois o seu corpo foi atopado por un bote da garda costeira. Como era o común nese entón, só se tomaron as súas pertenzas (identificadas posteriormente polo seu fillo) e o corpo foi lanzado de novo ao mar.[Cómpre referencia]

Manéxanse varias hipóteses sobre a súa morte, a primeira indica que se suicidou en vista de atoparse en quebra, aínda que a súa familia creu que foi asasinado e as súas ideas roubadas. Outra hipótese indica que axentes alemáns asasinárono para evitar a difusión dos seus inventos, en vista de que a guerra atopábase próxima e el estaba decidido a permitir que calquera (Francia e Inglaterra entre eles) comprase licenzas sobre as súas patentes.[Cómpre referencia]

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads