Síndrome de Wallenberg
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A síndrome de Wallenberg ou síndrome bulbar lateral é unha doenza neurolóxica provocado por un infarto no bulbo raquídeo do encéfalo.
A causa máis frecuente desta afectación é o infarto dalgunha das arterias que irrigan o bulbo raquídeo (rama da arteria vertebral ou a arteria cerebelosa posterior inferior). Ademais destas causas de oclusión, están descritos doentes casos de pacientes afectos por enfermidades desmielinizantes (como a esclerose múltiple), abscesos, metástases, hematomas ou necrose debida á radioterapia.
Foi descrito en 1895 polo doutor Adolf Wallenberg (1862-1949).[1]
Remove ads
Sintomatoloxía
Trátase dunha síndrome hemisensitiva cruzada, xa que existe unha hipoestesia na cara ipsilateral onde se produce a lesión, e unha hipoestase no brazo e a perna contralateral á lesión. Ademais, existen outros síntomas coma vertixe, náuseas e vómitos por mor da afectación dos núcleos vestibular. Tamén pode existir impo de resultar afectado o centro respiratorio, diplopía e síndrome de Horner se existe compromiso pontino, disfonía, disfaxia e disartria por compromiso do núcleo ambiguo.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads