S/2004 S 4

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

S/2004 S 4 é a designación provisional dun obxecto aínda sen confirmar que foi visto orbitando Saturno dentro da parte máis interior do anel F o 21 de xuño do 2004. Foi detectado cando J. N. Spitale estaba tratando de confirmar outro obxecto provisional, S/2004 S 3 que fóra detectado 5 horas antes, xusto na parte exterior do anel F.[1] O anuncio foi feito o 9 de setembro do 2004.[3]

Datos rápidos Descubrimento, Descuberta por ...

A pesar das tentativas por 'recuperalo', non se puido volvelo ver. E máis, unha secuencia de 'recuperación' dun período orbital completo feita o 15 de novembro do 2004 cunha resolución de 4 kms, non foi capaz de 'recuperar' este obxecto. Isto suxire que puido ser unha compactación temporal de material que xa se disipara cando se fixo a secuencia de recuperación.[4]

Un interpretación suxire a posibilidade de que S3 e S4 son ou foron un único obxecto que cruzaría o anel F.[3] Este obxecto tamén podería estar orbitando cunha inclinación lixeiramente diferente respecto do anel F, co cal non atravesaría o anel de material, a pesar de que foi visto tanto no interior coma no exterior deste anel.

Despois de todo, se S/2004 S 4 é un obxecto sólido, podería ter un diámetro (baseándose no seu brillo) de 3−5 kms.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads