SNCF
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Société nationale des chemins de fer français (en galego: Sociedade Nacional de Ferrocarrís Franceses), máis coñecida polas siglas SNCF, é unha empresa estatal francesa que se encarga da explotación dos ferrocarrís nese país baixo un réxime de monopolio na práctica. Forma parte, xunto a outras 49 filiais, do que se denomina «Grupo SNCF».
Datos rápidos Instancia de, Forma xurídica ...
Pechar
A forma xurídica da SNCF é a dunha empresa pública de carácter industrial e comercial (EPIC), que á súa vez ten participacións maioritarias ou totais en varias empresas privadas agrupadas no Grupo SNCF. A empresa emprega a preto de 160.000 persoas e facturou 17.800 millóns de euros en 2009. Exerce unha dobre actividade:
- A de operador ferroviario, encargada da explotación comercial dos servizos de pasaxeiros e mercadorías.
- O mantemento e xestión da rede de ferrocarril francesa de RFF.
A SNCF explota en torno a 32.000 quilómetros de liñas, 1.850 km de liña de alta velocidade. Pon en circulación unha media de 14.000 trens diarios e transporta 1.000 millóns de pasaxeiros ao ano. Polo seu volume de actividade é a segunda empresa ferroviaria da Unión Europea tras a Deutsche Bahn.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: SNCF ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
Remove ads