STSat

From Wikipedia, the free encyclopedia

STSat
Remove ads

STSat ou Science and Technology Satellite, é o nome dunha serie de satélites artificiais surcoreanos adicados á observación terrestre, á astronomía e a outras tarefas.[1]

Thumb
Maqueta de STSat-2C.

STSat 1

STSat 1 foi o primeiro satélite da serie STSat, nomeado orixinalmente KAISTSat 4. O obxectivo orixinal do programa era crear un bus para pequenos satélites artificiais de alto rendemento. STSat 1 levaba a bordo un espectrógrafo para o ultravioleta distante, un telescopio de estado sólido, un sistema de recolección de datos, un sensor estelar de ángulo estreito e un espectroscopio de plasma. O satélite foi lanzado o 27 de setembro de 2003 mediante un foguete Kosmos 3M.[2]

Remove ads

STSat 2A, 2B

STSat 2A e 2B estaban destinados a axudar a desenvolver un tipo de satélite para órbita baixa lanzados co foguete surcoreano Naro 1 (tamén coñecido como KSLV-1). Levaban a bordo un telescopio para a observación da liña Lyman alfa e un medidor láser para a medición precisa da distancia do satélite ás estacións de terra. Ningún dos dous chegou a órbita por problemas dos foguetes lanzadores, con STSat 2A sendo intentando lanzar o 25 de agosto de 2009 e STSat 2B o 10 de xuño de 2010.[3][1]

Remove ads

STSat 2C

STSat 2C foi lanzado exitosamente mediante un Naro 1 o 30 de xaneiro de 2013. Tiña unha masa de menos de 100 kg e levaba a bordo un retrorreflector láser, unha sonda Langmuir, un monitor de raidación, un sensor infravermello e un oscilador láser. O satélite deixou de funcionar en abril de 2014.[4][1]

STSat 3

STSat 3, lanzado o 21 de novembro de 2013 mediante un foguete Dnepr, foi lanzado para facer observacións astronómicas no infravermello, observar a terra para facer medicións medioambientais e como demostrador tecnolóxico para probar unha serie de novas tecnoloxías.[5][1]

Historial de lanzamentos

Misión[1][2][3][4][5] Data de lanzamento[1][2][3][4][5] Foguete lanzador[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
STSat 1 27 de setembro de 2003 Kosmos 3M Éxito
STSat 2A 25 de agosto de 2009 Naro 1 Fallo
STSat 2B 10 de xullo de 2010 Naro 1 Fallo
STSat 2C 30 de xaneiro de 2013 Naro 1 Éxito
STSat 3 21 de novembro de 2013 Dnepr Éxito

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads