Salamandroideos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Salamandroideos
Remove ads

A dos salamandroideos (Salamandroidea) é unha suborde de anfibios caudados que comprende as chamadas salamántigas avanzadas.

Máis información Clasificación científica, Familias e Subfamilias ...

Os primeiros salamandroideos fósiles coñecidos son exemplares da especie Beiyanerpeton jianpingensis, datada no xurásico tardío, hai aproximadamente 157 millóns de anos.[1][2]

Remove ads

Características

Diferéncianse das especie da suborde dos criptobrancoideos (e da nova, e discutida, suborde dos sirenoideos) en que teñen fusionados os ósos angular e prearticular na mandíbula, e en que todos presentan fecundación interna.[3]

Outra característica distintiva dos salamandroideos é o seu número de vértebras e o variadas que son. As vértebras destes animais presentan detrás do corpo unha concavidade, as apófises espiñosas e articulares son pouco saíntes, horizontais, e as apófises trasversas levan nunha lixeira bifurcación tuberculada, rudimentos de costelas que nunca se unen co rudimentario esterno. As vértebras da cola varían en número segundo as especie e, en canto á súa forma son case semellantes ás demais, sobre todo as primeiras. Os salamandroideos son, pois, os urodelos cuxo esqueleto se compón de maior número de pezas.[4]

Remove ads

Distribución

Os membros desta suborde encóntranse en todo o mundo excepto na Antártida, na África subsahariana e en Oceanía.[3]

Bioloxía

A femia é fecundada por medio dun espermatóforo, unha cápsula que contién os espermatozoides e que o macho coloca na cloaca da femia. O esperma almacénase na chamada espermateca, no teito da cloaca até que chega o momento da posta.[5]

Taxonomía

Descrición

A suborde foi descrita en 1826 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, aínda que algúns autores atribúenlla ao zoólogo estadounidense Gladwyn Kingsley Noble, en 1931 (se cadra, polas diferenzas de Fitzinger cos criterios de clasificación de Linneo).

Etimoloxía

O nome científico Salamandroidea está formado, como é obvio, pola raíz do nome do seu xénero tipo, Salamandra, engadíndolle a desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, derivada do grego antigo εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma", coa vogal epentética (de unión) -o-, pata facilitar a pronuncia, usada na formación de moitos nomes de ordes e subordes de animais.[6][7]

Clasificación

Segundo o National Center for Biotechnology Information (Centro Nacional para a Información Biotecnolóxica), a suborde comprende as seguintes familias e subfamilias:[8]

Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads