Salviniáceas
familia de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A das salviniáceas (Salviniaceae) é unha familia de pteridófitas (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, unha das dúas integradas na orde das salviniales[1]
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A familia foi descrita en 1820 polo botánico ruso Iván Martínov, nun traballo publicado en Tekhno-Bot. Slovar. 559.[1][2]
Xéneros
Características
As principais características das salviniáceas son:[1]
- Son plantas acuáticas pequenas e flotantes. Os seus talos son rastreiros, ramificados, con pelos pero sen verdadeiras raíces. As frondes (follas) están reunidas en verticilos de 3, con 2 follas verdes, sésiles ou curtamente pecioladas, planas, enteiras e flotantes, e unha folla finamente disecada, peciolada, semellante á raíz e pendente.
- As follas mergulladas levan soros rodeados dun indusio membranoso fixado á base (esporocarpo). Os esporocarpos son de 2 tipos, cuns poucos megasporanxios (aproximadamente 10), cada un cunha macróspora única, e moitos microsporanxios, cada un con 64 micrósporas. As esporas son, pois, de dous tipos e tamaños, ambas globosas.
- Os megagametófitos e os microgametófitos están adheridos á parede do esporanxio; os megagametófitos saen da parede e flotan na superficie da auga co arquegonio dirixido cara a abaixo; os microgametófitos permanecen fixados á parede do esporanxio.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads