Sancho VI de Navarra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Sancho VI de Navarra, o Sabio, nado cara ao 1133 e finado o 27 de xuño de 1194, foi rei de Pamplona e Navarra dende 1150 ata a súa morte. Foi o primeiro en abandonar definitivamente o título de rei de Pamplona para adoptar o de rei de Navarra.
Remove ads
Traxectoria
Era fillo de García Ramírez o Restaurador e da súa primeira esposa Margarida de l'Aigle. O seu reinado caracterizouse polos constantes enfrontamentos con Castela e Aragón. Os seus principais logros foron estabilizar o Reino e afianzar a súa dinastía no trono navarro. Así mesmo, realizou importantes obras arquitectónicas e fundou numerosos mosteiros cistercienses.
O 2 de xuño de 1157 casou en Carrión de los Condes (Palencia) con Sancha de Castela, filla do rei Afonso VII de León e a súa primeira esposa, Berenguela de Barcelona. Tiveron seis fillos:
- Berenguela (ca. 1165-1230), casada en 1191 con Ricardo Corazón de León, rei de Inglaterra.
- Sancho VII o Forte (1170-1234), rei de Navarra (1194-1234).
- Branca (1177-1229), casada co conde Teobaldo III de Champaña, nai do rei Teobaldo I de Navarra. Os seus descendentes converteranse no século XIII en reis de Navarra.
- Fernando (m. 1207), enterrado posiblemente no Panteón Real de Las Huelgas (Burgos).
- Teresa e Constanza, falecidas tamén moi novas e das que apenas hai datos.
Faleceu o 27 de xuño de 1194 e recibiu sepultura na catedral de Pamplona.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sancho VI de Navarra |
- Biografía de Sancho VI Arquivado 28 de novembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads