Sant Fost de Campsentelles

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sant Fost de Campsentellesmap
Remove ads

Sant Fost de Campsentelles é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Datos rápidos Localización, Poboación ...
Remove ads

Xeografía

O concello atópase no extremo sur da comarca, facendo fronteira a través da Serra Mariña coas comarcas do Barcelonés e do Maresme. O concello limita cos municipios, algúns de poboación considerábel, de Tiana, Badalona, Montcada i Reixac, La Llagosta, Mollet del Vallès, Martorelles e de Santa María de Martorelles. O núcleo principal de poboación é o de Sant Fost, existindo outros núcleos en forma de urbanizacións.

Remove ads

Historia e Patrimonio

A zona foi xa frecuentada polos iberos e despois polos romanos. A primeira mención escrita de Sant Fost como poboación data do ano 967. Só no século XX comezou a agruparse a poboación, sendo ata daquela unha vila cunha poboación completamente dispersada. Ata os anos 50 do século XX o lugar foi eminentemente agrícola. A partir de entón comezou unha forte industrialización que dura ata ben entrado o século XXI.

Existen importantes mostras de arquitectura civil coma o Mas Po-Canyadó ou a casa Bastinos. Mencionar tamén o Ateneo e a igrexa de San Cebrián.

Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads