Reboreda, Redondela
parroquia civil do concello de Redondela From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Santa María de Reboreda é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela. Segundo o INE en 2010 tiña 2.231 habitantes (1.149 mulleres e 1.082 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.247 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Reboreda.
Remove ads
Patrimonio
A igrexa parroquial de Santa María de Reboreda é do século XVIII. Nun principio constituía unha capela anexa do Pazo de Reboreda ao que aínda está unida mediante pasadizo elevado, de estilo barroco. No exterior presenta unha porta adintelada, fornelo e torre de espadana. Tamén ten un escudo coas armas dos Prego de Montaos, Soutomaior, Troncoso e Lira e os vascos Mondragón como benfeitores desta construción.
No lugar de Asnelle de Abaixo está o Pazo do Pousadouro.
Remove ads
Galería de imaxes
- Cruceiro no adro da igrexa de Reboreda.
- Á esquerda o Pazo de Reboreda.[2] Á dereita a igrexa de S. María.
- Sociedade Cultural de Reboreda.
Lugares e parroquias
Lugares de Reboreda
Lugares da parroquia de Reboreda no concello de Redondela (Pontevedra) | |
---|---|
Asnelle de Abaixo | Asnelle de Arriba | Quintana | Santo Paio de Abaixo | Santo Paio de Arriba |
Parroquias de Redondela
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads