Sardinops sagax

From Wikipedia, the free encyclopedia

Sardinops sagax
Remove ads

Sardinops sagax (Jenyns, 1842) é un peixe osteíctio mariño da familia dos clupeidos, dentro da orde dos clupeiformes, único representante do xénero Sardinops.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Thumb
Sardiñas do Pacífico.
Thumb
Cardume de sardiñas de California.
Thumb
Debuxo.
Remove ads

Etimoloxía

O xénero, Sardinops, deriva do de Sardina,[3] e da forma latina -ops, derivada do grego antigo ώψ óps, "vista", co significado de "parecido", "da mesma aparencia".[4]

O nome específico, sagax é un adxectivo latino, sagax, -acis, que significa "que ten o olfacto fino", "sagaz".[4]

Características

Ten o corpo alongado e pode alcanzar os 39 cm de lonxitude, aínda que normalmente non pasa dos 20, e até 486 g de peso. A súa columna vertebral está composta de 48 a 54 vértebras. A aleta dorsal está sustentada por de 12 a 21 raios brandos, e a aleta anal, algo máis grande, conta con de 13 a 19 raios, así mesmo brandos. [4]

Hábitat e bioloxía

Distribúese polas costas do Pacífico, desde o sur de Alasca até a Terra do Fogo, polas illas da Micronesia, sueste asiático, desde a China até Indonesia, Nova Zelandia, Australia, por todas as costas do norte do océano Índico, desde Indonesia até o cabo da Boa Esperanza, e incluíndo as illas índicas, e polo Atlántico sur, dobrando este cabo, até o sur do golfo de Guinea.[5]

É un peixe mariño, peláxico-nerítico, oceanódromo.[6] propio dos mares de clima subtropical (augas de 9 °C a 21 °C; latitude de 61 °N a 47°S; lonxitude de 145°W a 180 °E) que vive desde a superficie atá os 200 m de profundidade.[4][7]

Os individuos xuvenís aliméntanse principalmente de zooplancto (sobre todo copépodos), e os adultos de fitoplancton.[8]

A reprodución, como en todos os clupeidos, é ovípara, e os ovos son peláxicos, así como as larvas.[9] Poden vivir até os 25 anos de idade.[8]

Outros sinónimos

Non é de estrañar que unha especie que teña unha área de distribución tan ampla fora descrita en diversos puntos por diferentes autores, polo que, ademais dos sinónimos citados na caixa taxonómica ten os seguintes:[10]

  • Alausa californica (Gill, 1862)
  • Alosa musica (Girard, 1855)
  • Arengus sagax (Jenyns, 1842)
  • Clupanodon caeruleus (Girard, 1854)
  • Clupea advena (Philippi, 1879)
  • Clupea caerulea (Mitchill, 1815)
  • Clupea melanosticta (Temminck & Schlegel, 1846)
  • Clupea neopilchardus (Steindachner, 1879)
  • Clupea ocellata (Pappe, 1853)
  • Clupea sagax (Jenyns, 1842)
  • Meletta caerulea (Girard, 1854)
  • Sardina caerulea (Mitchill, 1815)
  • Sardina neopilchardus (Steindachner, 1879)

Así como tamén moitos outros sinónimos vulgares:[11]

  • South American pilchard (sardiña suramericana)
  • blue pilchard (sardiña azul)
  • Australian pilchard (sardiña australiana)
  • Californian pilchard (sardiña de California)
  • Chilean sardine (sardiña chilena)
  • Japanese pilchard (sardiña xaponesa)
  • Pacific sardine (sardiña do Pacífico)
  • Southern African pilchard (sardiña surafricana)

entre outros.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads