Saxofón
instrumento de vento-madeira con corpo de metal From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O saxofón é un instrumento de vento madeira (aínda que o corpo sexa de metal). A súa clasificación débese a que o son se produce ao vibrar a palleta cando pasa o aire por ela e que provén dun instrumento fabricado con madeira (o clarinete). Tamén é chamado saxo ou saxófono. A familia de saxofóns consta de sete instrumentos, con idéntico duaté[1].

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Remove ads
Características
Divídese en tres partes fundamentais:
- Corpo: feito de cobre, que á súa vez se divide en tres partes:
- Corpo, cóbado e campá.
- Tudel: feito de cobre. Serve de unión entre o corpo e a boquilla.
- Boquilla: feito de ebonita. Nela, mediante unha abrazadeira únese a palleta (cana).
Foi inventado cara 1840 por Adolphe Sax (1814-1894). O saxofón combina na súa construción a embocadura de palleta simple do clarinete, un corpo metálico unha versión ensanchada do tubo cónico do óboe.
Remove ads
Tipos de saxofón
Diferentes tipos de saxofóns
Os saxos deseñados por Adolphe Sax incluíron 14 tamaños, 7 deles úsanse na actualidade:
- o saxofón contrabaixo, moi raro, en mi♭;
- o saxofón baixo, bastante raro, en si♭;
- o saxofón barítono, en mi♭;
- o saxofón tenor, en si♭;
- o saxofón alto, en mi♭ (curvo, e máis raramente recto);
- o saxo soprano, en si♭ (recto, curvo ou semicurvo);
- o saxofón sopranino, bastante raro, en mi♭.
Os saxofóns máis coñecidos son o soprano, o alto, o tenor e o barítono cunha extensión de dúas oitavas e media, agás o barítono, que posúe un semitón máis. A calidade de timbre vai dende o suave e doce até o rouco e metálico, dependendo da embocadura, da emisión e do saxo que se estea a tocar.
Na táboa seguinte, os membros consecutivos de cada familia están separados nunha oitava.
Remove ads
Historia
Os saxofóns apareceron por primeira vez na orquestra sinfónica en 1844. Algúns compositores escribiron partes orquestrais para eles, como os franceses Hector Berlioz e Georges Bizet. O alemán Richard Strauss usa un cuarteto de saxofóns na súa Sinfonía doméstica (1903). Entre as obras para saxofón solista destaca a Rapsodia (1903) para saxofón orquestra de Claude Debussy e a Fantasía para saxofón e orquestra (1948) de Heitor Villa-Lobos. Na segunda metade do século XX usouno Luciano Berio, Luigi Nono e Pierre Boulez, entre outros.
Nas bandas militares os saxofóns teñen o mesmo papel que os clarinetes. O saxofón fíxose especialmente popular en Estados Unidos por estar moi ligado ao desenvolvemento do jazz.
Instrumentistas modernos
Entre os instrumentistas de clásica destaca o francés Marcel Mule. Entre os instrumentistas de jazz destacan Sidney Bechet (soprano), Charlie Parker (contralto), Lester Young, John Coltrane, Coleman Hawkins (tenor) e Gerry Mulligan.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
