Scott Bakula
actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Scott Stewart Bakula, nado o 9 de outubro de 1954 en St. Louis, é un actor estadounidense.
Remove ads
Traxectoria
Bakula comezou a súa carreira profesional no teatro na obra Shenandoah, realizando representacións nocturnas en Carolina do Norte, protagonizou o musical de Broadway Romance/Romance en 1988, pero fíxose coñecido pola súa interpretación de Sam Beckett na serie de televisión Quantum Leap (1989-1993), pola que gañou un Premio Globo de Ouro en 1991 e foi candidato a catro Emmy. Tamén é salientable o seu papel do capitán Jonathan Archer en Star Trek: Enterprise. Protagonizou en 1996 a serie de curta duración Mr. & Mrs. Smith e tivo papeis recorrentes en series como Murphy Brown, Designing Women, The New Adventures of The Old Christine ou Roseanne e apareceu en filmes como American Beauty ou Mercy Mission entre outros. Desde 2009 aparece na serie Men of a Certain Age da TNT, e ocasionalmente na da NBC Chuck como Stephen Bartowski.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scott Bakula ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads