Sebastocrátor

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Sebastocrátor (en grego: σεβαστοκράτωρ, sebastokratōr; búlgaro e serbio Севастократор, sevastokrator) foi un título nobiliario no Imperio Bizantino. Tamén foi utilizado polos gobernantes doutros estados que limitaban co dito imperio ou estaban dentro da súa área de influencia.

Datos rápidos Istancia de, Pertencente á xurisdición ...

A palabra é un composto de sebastos ('venerábel', o equivalente grego do latín Augustus) e crátor ('gobernante', o mesmo elemento que se atopa en autocrátor, 'emperador'). A esposa dun sebastocrátor era chamada sebastocrátorissa (σεβαστοκρατόρισσα) en grego ou sevastokrátitsa (севастократица) en búlgaro e serbio.

Remove ads

Historia

O título foi creado polo emperador Aleixo I Comneno para honrar ao seu irmán máis vello, Isaac Comneno. Segundo Ana Comnena, Aleixo fixo isto para elevar a Isaac por encima do rango de César, que xa prometera ao seu cuñado, Nicéforo Melisseno. Ana Comnena compara o rango de sebastocrátor a «un segundo emperador», e tamén rexistra que xunto co César un sebastocrátor tiña o dereito a levar unha coroa (pero non o diadema imperial). Durante a dinastía Comneno, o título seguiu sendo o máis alto por baixo do emperador até 1163 cando o emperador Manuel I Comneno creou o título de déspota. Durante ese período, o título concedíaselles exclusivamente aos membros da familia imperial, principalmente aos fillos menores do emperador.

Despois do desmembramento do Imperio bizantino pola Cuarta Cruzada en 1204, o título foi adoptado no Imperio Latino, o Imperio de Nicea, e o Segundo Imperio búlgaro. En Nicea e no posterior Imperio bizantino restaurado, o título seguiu sendo unha das máis altas dignidades da corte, e case sempre se restrinxía aos membros da familia imperial. O último posuidor coñecido do título foi Demetrio Cantacuzeno, un gobernante no Peloponeso a finais do século XIV.

Segundo as fontes, a cor distintiva asociada co título era o azul: o traxe cerimonial do sebastocrátor incluía medias azuis e botas azuis. Ao redor do ano 1260, segundo Xurxo Acropolita, os sebastocrátores que eran membros da familia imperial distínguense dos que non o eran por teren bordadas as aguias reais nos seus zapatos. Para a época de Pseudo-Codinos a mediados do século XIV, as aguias bordadas sobre un campo vermello era estándar. Segundo Codinos, o traxe cerimonial tamén incluía unha túnica vermella (clámide) e a coroa (stefanos) de cor vermella e ouro. O sebastocrátor tamén tiña a prerrogativa de asinar documentos cunha tinta especial de cor azul.

Remove ads

Bulgaria

Kaloyan herdou o título posiblemente do seu pai Alexandre, un fillo de Iván Asen I de Bulgaria.

Serbia

O título tamén foi adoptado na corte medieval de Serbia, baixo os reis e emperadores da dinastía Nemanjić.

Véxase tamén

Bibliografía

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads