Secho Martínez

adestrador de fútbol galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

José Manuel Martínez Paz, chamado Secho, nado en Xuño (Porto do Son) en 1977, é un adestrador de fútbol galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Adestrador de equipos base do Deportivo, foi seleccionador galego sub18 (2017[1]) e despois adestrador do Noia[2].

A súa visibilidade comezou ao ser designado segundo adestrador do Deportivo da Coruña, no equipo de Rubén de la Barrera, xa en Segunda División. Posteriormente foi tamén asistente do CD Lugo, tamén en Segunda División.

Logo pasou a adestrar o Bergantiños en Terceira, para a tempada 23/24, equipo que gañou o campionato e obtivo o ascenso directo á Segunda Federación. Porén, non renovou[3] no posto e quedou libre[4]. Logo duns meses, a finais de marzo de 2025 fichouno o Compostela para conseguir a permanencia, co equipo en situación de descenso[5].

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads