Semivida (medicina)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En medicina e farmacoloxía a semivida, hemivida, vida metade ou vida media de eliminación dun fármaco en sangue é o tempo que tarda en eliminarse o 50% da concentración plasmática acadada por unha dose dese fármaco. A semivida biolóxica é un parámetro farmacocinético moi importante, xeralmente denotada pola abreviación t1/2, e é fundamental para coñecer os intervalos de aplicación de dito fármaco.
Remove ads
Vida media en eliminacións de primeira orde
Este proceso é, en xeral, un proceso logarítmico de primeira orde. Por exemplo; unha cantidade que é eliminada a unha proporción constante, do axente por unidade de tempo. Noutras palabras, desta forma, a diminución da concentración de dito axente tras unha administración única vén dada por:
- Ct é a concentración despois dun tempo t
- C0 é a concentración inicial (t=0)
- k é a constante de eliminación
A relación entre a constante de eliminación e a vida media vén dada por:
A vida media vén determinada pola separación (CL, do inglés clearance) e o volume de distribución (VD), e ámbolos dous parámetros relaciónanse segundo a expresión:
Remove ads
Vida media en eliminacións de orde cero
Nalgunhas circunstancias, a vida media varía coa concentración do medicamento ou droga. Por exemplo, o etanol pode ser inxerido nunha cantidade suficiente para saturar os encimas (basicamente alcol deshidroxenases) que o metabolizan no fígado, e por isto é eliminado do corpo a unha taxa constante (eliminación de orde cero). Deste modo, a vida media, baixo estas circunstancias, é proporcional á concentración inicial de droga ou medicamento A0, e inversamente proporcional á constante de eliminación de orde cero k0, onde:
Remove ads
Notas
En inglés
- Half-life: The time it takes for a substance (drug, radioactive nuclide, or other) to lose half of its pharmacologic, physiologic, or radiologic activity. Year introduced: 1974(1971) NLM MeSH.
Ligazóns externas
En castelán
- Listaxe de artigos nos cales se utiliza o termo "vida mitad"
- Listaxe de artigos nos cales se utiliza o termo "semivida"
- Artigo publicado en "Med Clin (Barc), 1994 - Contén, no texto, un comentario en canto a vida media e semivida. Ademais dunha listaxe con outras palabras
- Referencias con ligazóns a moitas listaxes como a do artigo precedente
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads