Herba punteira

especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia

Herba punteira
Remove ads

A herba punteira, tamén coñecida coma herba das cortaduras, sempreviva ou herba tioura[1] Sempervivum tectorum é unha herbácea da familia das crasuláceas (Crassulaceae).

Thumb
Ilustración
Thumb
Detalle da flor
Thumb
Inflorescencia
Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Distribución

Medra nos Pireneos, nos Alpes, nos Apeninos e nos Balcáns. Especie espontánea da flora da Península Ibérica.

Descrición

A súa altura pode acadar os 20 ou 30 cm e 15 a 30 cm de largo. Forma grandes rosetas coas follas de cor verde brillante coas puntas purpúreas e o envés abrancazado. As súas flores acostuman ser rosadas ou arroibadas, en forma de estrela, sobor de talos erectos e cheos de follas, de 30 a 50 cm de altura. Florea polo verán. Mantén o mesmo aspecto en todas as épocas do ano, semellando nunca murchar. Posúe unha gran capacidade de sobrevivencia nas condicións máis adversas de clima e de humidade. Non require de solos ricos, medrando entre pedras, e atura as xeadas e as altas temperaturas sen se danar.

Remove ads

Uso en xardinaxe

Adoita empregarse en xardíns de rocalla, para adornar muros, valados ou fendas entre as rochas, entre as lousas do chan, vasos, testos etc. Nalgunhas zonas da España mediterránea acostúmase ver plantada nos tellados das casas[2]. De feito tectorum é un epíteto latino que significa "dos tellados". No século IX, Carlomagno, ordenou que todos os tellados das casas de aldea se cubrisen con esta herba perante a crenza de que evitaba os raios. Moitos ferreiros usábana para esta fin.[3]

Esixe moi pouco coidado, polo que é doada de manter. Necesita de moita luz e rega escasa. Atura xeadas e altas temperaturas. Reprodúcese por separación e replantado das rosetas que medran na base da planta nai.

Taxonomía

Sempervivum tectorum foi descrita por (Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 464. 1753.[4]

Etimoloxía

Sempervivum: nome xenérico que deriva das palabras do latín semper = "sempre" e vivum = "vivo", e está relacionado co feito de que estas plantas manteñen as súas follas durante o inverno e medran incluso en condicións moi difíciles. En castelán recibe o nome de siempreviva, en portugués sempre-viva-dos-telhados.

tectorum: epíteto latino que significa "dos tellados".[5]

Sinonimia
  • Sedum majus Garsault [Invalid]
  • Sedum tectorum Scop.
  • Sempervivum acuminatum Schott
  • Sempervivum alpinum Griseb. & Schenk
  • Sempervivum andreanum Wale
  • Sempervivum arvernense Lecoq & Lamotte
  • Sempervivum boutignyanum Billot & Gren.
  • Sempervivum cantalicum Jord. & Fourr.
  • Sempervivum clusianum (Ten.) Ten.
  • Sempervivum glaucum Ten.
  • Sempervivum lamottei Boreau
  • Sempervivum schottii Baker
  • Sempervivum spectabile C.B.Lehm. & Schnittsp.[6]
  • Sempervivum cebennense Lamotte
Remove ads

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads