Serra Nevada, Estados Unidos de América
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Serra Nevada[Cómpre referencia] é unha cordilleira montañosa situada no estado de California, Estados Unidos de América, aínda que nalgúns lugares linda co estado de Nevada. O nome deste conxunto de montañas débese á descrición feita polo sacerdote español Pedro Font en abril do ano 1776.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Esta serra ten uns 640 km de norte a sur e uns 110 de leste a oeste. Está localizada entre o Val Central de California e a Gran Cunca e pertence á gran Cordilleira Americana, que se estende dende Norteamérica até a Antártida pasando por Centroamérica e Suramérica. Os lugares máis importantes da cordilleira son o lago Tahoe que é o lago alpino máis grande de Norteamérica, o monte Whitney de 4421 m de altura que é o punto máis alto da serra e o Parque Nacional de Yosemite.
Remove ads
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads