Serra da Pena

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A serra da Pena é unha das serras do sur de Galiza, localizada no extremo meridional do concello de Calvos de Randín. Ten unha grande área de migmatitas e algúns gneis ollo de sapo, unha intrusión de granito de dúas micas e diques de aplita e pegmatita.

Datos rápidos Tipo, Localización ...

Na vexetación destacan os bosques de cerquiños así como os bidueiros, salgueiros, acivros, castiñeiros ou escambróns. Forma parte do espazo declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais "Baixa Limia-Serra do Xurés".

O punto de maior altitude é o Alto do Candal, con 1.424 metros sobre o nivel do mar.

Remove ads

Véxase tamén

Bibliografía

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads