Arneiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O arneiro,[2][3] arneirón[3] ou arneste[3][a] son crustáceos da subclase dos cirrípedes e da orde Sessilia[4]
A orde conta con varias especies. Son organismos con coiraza cónica ou cilíndrica que se atopan habitualmente apegados a superficies rochosas da costa, a crustáceos como mexillóns,[5] ou a estruturas artificiais como os cascos dos barcos[6].
En Galicia destaca a especie invasora Austrominius modestus, que describiu Darwin en 1854 e que é orixinaria de Australia e Nova Zelandia[6][7]. Foi introducida por dispersión natural en 1943 pola costa sueste do Reino Unido,[8] estendéndose despois por Galicia[9] nos anos 50[10] ; inda que desde aquela a súa poboación foi diminuíndo. Esta especie é competidora con Semibalanus balanoides e Chthamalus montagui.[10]
Remove ads
Galería
- Arneiros, posiblemente Chthamalus stellatus, e algunha lapa nunha zona de intermareal da costa de Newquay, Cornualla, Inglaterra.
- Mexillóns da especie Mytilus edulis con arneiros que poderían ser Chthamalus spp. ou Semibalanus balanoide na costa de Kerry, Irlanda.
- Cnidarios e aneiros, que son sésiles, competindo polo espazo da zona intermareal.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads