Setebos (lúa)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Setebos é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Urano, descuberta o 18 se xullo de 1999 por John J. Kavelaars e o seu equipo. e provisionalmente designada coma S/1999 U 1.[4] Confirmada coma Urano XIX, recibiría o nome do deus o cal adoraban Calibán e Sicorax, personaxes da obra de William Shakespeare, A Tempestade.
Os parámetros orbitais suxiren que podería formar, xunto con Sicorax e Próspero un grupo dinámico, cunha orixe en común.[5] Pero esta posibilidade non parece estar apoiada nas cores observadas, xa que a lúa amosa unha cor neutral (gris) no espectro visible (índice de cores B-V=0,77, R-V=0,35)[6] , semellante a Próspero pero diferente a Sicorax (a cal é de cor vermella).
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads